| ASOCIACION ALVARO DAS CASAS: FOTOS | |||||||
| |
|
|
|
|
| DSC06897.jpg | DSC06899.jpg | DSC06906.jpg | DSC06922.jpg | DSC06925.jpg |
| |
|
|
|
|
| DSC06931.jpg | IMG_8084.jpg | IMG_8112.jpg | IMG_8160.jpg | _MG_8166.jpg |
| |
|
|||
| _MG_8221.jpg | _MG_8239.jpg |
Conta Clodio que hai probas de que nos anos vinte do século XX se celebrou en Leiro a festa dos maios. A Asociación Álvaro das Casas está recuperando para esta fermosa vila asentada na beira do Avia a celebración desta festa tradicional. De momento xa van catro anos consecutivos nos que se celebra a festa dos maios do Ribeiro na vila de Leiro: 2004, 2005, 2006 e 2007.
MAIOS DE LEIRO: ANO 2007

O día 13 de maio do ano 2007 celebrouse de novo en Leiro a festa dos maios.
No apartado de MAIOS ARTÍSTICOS presentáronse cinco.
No apartado de MAIOS TRADICIONAIS presentáronse dous.
Presentáronse tamén cinco coplas.
Pero a novidade máis salientable foi a participación de maios humanos. Nove rapaciños de Beade vestidos con traxes de follas de árbores e adornados con froles pasearonse pola praza, cantaron un maio moi fermoso, e marabillaron a tódolos alí presentes. Foi moi emocionante ver aqueles rapaciños vestidos de primavera. Finalmente cantaron unhas coplas moi fermosas e ocurrentes que fixeron que o público rise a esgalla.
Os premios quedaron repartidos da seguinte maneira.
Premios:
Premios coplas:
Primeiro premio: Coplas dos maios. Colexio de Cenlle.
Segundo premio: A eira. Familia de Orega (Tamara e Damián)
Premios maios tradicionais:Primeiro premio: O maio dos nenos do Ribeiro. Grupo de amigos de Leiro (Bea, Kayla, Adrián March, Adrián Fernández e Xosé)
Segundo premio: O sombreiro de palla. Coral Val do Avia, de Leiro.
Premios maios artísticos:
Primeiro premio: O noso canastro. Coral Val do Avia, de Leiro.
Segundo premio: A eira. (Maio no que se representaba un hórreo e un carro). Familia de Orega (Tamara, Damián)
Premios maios colexios:Primeiro premio: Grupo folclórico. CEIP de Cenlle
Premio especial maios humanos: Maios humanos
Aula de Beade.
Ademáis tódolos participantes recibiron unha rosca e os que non levaron premio recibiron 30 euros.
A festa estivo moi animada e concurrida.
Maio humano...
Este é o maio,
maíño é;
e ste é o maio
que baila de pé.
Este é o maio
que vai polas hortas
cargadiño
de mazarocas.
Eu leveille o maio
a unha señorita
e non tiña que dar
mais que a falda e a camisa.
Eu leveille o maio
a unha costureira
e non tiña que dar
mais que a punta da tixeira.
(Estas coplas foron recollida o día 6-5-2006 en San Clodio por Celso Dominguez da boca de CARLOS CERVIÑO AMEIJEIRAS (de 77 anos de idade, segundo pola dereira na foto de arriba), quen as aprendeu cando era neno da boca da súa mai MARIA AMEIJEIRAS GONZÁLEZ. E Don Carlos Cerviño Ameijeiras dice que estas complas teñen mais de cen anos. O cal proba que a tradición dos maios é moi antiga no concello de Leiro)
"O que converte a vida nunha bendición non é facer o que nos gusta, senón que nos guste o que facemos" (GOETHE)
Benvid@, estás na túa casa
Contador